lunes, 16 de mayo de 2011

CONCERTO SOLIDARIO

            CONCERTO DE CANTÁBILE A FAVOR DE KENTAJA - CAMERÚN

O día 21 de maio acolleremos na nosa parroquia unha actividade cultural cargada de solidariedade. Grazas á xenerosidade do “Coro Cantábile” da nosa cidade poderemos ofrecer un concerto para o disfrute de todos e a posibilidade de lembrar unha experiencia de traballo a favor dos nenos e mozos de Camerún.

No ano 1994 nacía en Camerún esta asociación Kentaja na defensa da infancia e da mocidade, en situación de risco, deste país. Son xa case vinte anos de traballo educativo liderado polo seu fundador, Michel Djaba, e apoiado por todos os educadores que fan realidade este fermoso proxecto. No ano 2003 xurdía a “Asociación Kentaja España” para dar apoio e cobertura económica a esta experiencia de autodesenvolvemento.

Hoxe, Kentaja, conta con tres Casas-Fogar: unha en N´kongsamba (cidade onde naceu esta iniciativa solidaria), outra en Bakou e unha terceira na localidade de Badzuidjong. Casas que albergan a máis de 200 nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, e 74 mozos e mozas de 12 a 19 anos de idade. Rapaces da rúa, en situación de abandono, orfos, e aqueles que tendo apoio familiar non teñen os recursos precisos para unha saída educativa.

      ANOTA NA AXENDA: SÁBADO 21 DE MAIO – IGREXA DE SAN CRISTOVO – ÁS 20 H.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar se algún comentario non debe ser publicado, co obxectivo de manter un diálogo respectuoso, enriquecedor e fluido.