viernes, 24 de junio de 2011

EL BIOMBO TEATRO

O pasado sábado, 28 de xuño, no local da Asociación de Veciños "Os Anxos", e organizada pola parroquia, tivo lugar unha estrea teatral moi divertida a cargo do grupo EL BIOMBO TEATRO.

A obra representaba tres entremeses, algún de Cervantes, que fixeron rir ao numeroso público que a ela asitiu. Foi un verdadeiro éxito. Dende aquí o noso agradecemento ao grupo, que actuou de xeito desinteresado, e á Asociación de Veciños, que moi amablemente puxo á nosa disposición o seu Salón de Actos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Reservámonos o dereito de determinar se algún comentario non debe ser publicado, co obxectivo de manter un diálogo respectuoso, enriquecedor e fluido.