Benvid@s a tod@s!

Neste espazo parroquial podemos encontrarnos, coñecer novas e deixar as nosas opinións e comentarios.

domingo, 29 de noviembre de 2015

PORQUE ES POSIBLE. NADIE SIN HOGAR

O 29 de novembro é o Día Internacional das Persoas sen Fogar. Este vídeo pode axudarnos a reflexionar un pouquiño sobre o que iso significa. Un fogar é moito máis ca un teito. 
Todos podemos botar unha man para que as cousas vaian cambiando. 
"Porque é posible"

sábado, 28 de noviembre de 2015

EXPLICACIÓN SENCILLA DEL ADVIENTO

Siempre, lo más sencillo es lo que mejor se entiende. Por eso nos parece que este vídeo puede ayudar a comprender mejor el sentido del Adviento, que tantas veces pasa inadvertido por las luces de felicidad irreal que nos deslumbran anunciando la Navidad.
Solamente se necesitan tres minutos de atención. La reflexión vendrá luego, por sí sola. 
¿Aceptas regalar y regalarte ese tiempo?
¡Llega Adviento! ¡Vivámoslo de verdad!


miércoles, 18 de noviembre de 2015

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O domingo 8 de novembro celebramos un pequeno magosto na parroquia.
Preparamos o lume, asamos as castañas e pasamos unha tarde de festa compartindo lerias, xogos e risas. Mesmo o tempo quixo celebralo connosco e portouse de marabilla.
Velaquí unha pequena mostra do que foi.
Graciñas a todos e todas os que o fixestes posible.

martes, 10 de noviembre de 2015

ELAS VALEN MOITO


Dende Cáritas Parroquial, en colaboración co Secretariado Xitano, organizáronse unhas xornadas,  baixo o título “Taller de motivación para a formación e o emprego”, dirixido a rapazas xitanas. Durante dous mércores, axudadas por unha educadora tomaron conciencia da súa realidade e das posibilidades que teñen para saír adiante (antes que nada cos estudos).

Compartiron pensamentos, esperanzas, vivencias e, sobre todo, comprobaron que teñen un mesmo sentir, que son mozas como todas as demais e que, se se atreven a dar o paso, poden conseguir cambiar o que “sempre foi así”. Algunhas delas xa empezaron ir ao Centro Violetas e outras están dispostas a comezar a estudar para conseguir superar a ESA (Educación Secundaria de Adultos).

Como despedida do curso, tivemos unha pequena merenda na que estivemos acompañados por Vicente Martelo (Director de Cáritas Interparroquial de A Coruña), Andrea Lago (Traballadora de Cáritas Diocesana), Maite Serra (Delegada do Secretariado Xitano na Coruña), Vanessa Pato (Orientadora Laboral do Secretariado) e Zaida Jiménez (Orientadora Educativa do programa PROMOCIONA, que busca dar o apoio escolar para a superación acadar as competencias esixidas no ensino).


Dende aquí damos as grazas a todos eles pola súa desinteresada colaboración e, dun xeito moi especial a todas as rapazas que dixeron si a esta proposta: Sandra, Silvia, Violeta, Soraya, Diana e Sara.